Identidade colectiva e medios de comunicación
Baixo a coordinación do profesor da Universidade de Santiago, Ramón Máiz, o libro constitúe o primeiro resultado do proxecto de investigación que, co título Dimensións das identidades colectivas en Galicia , vén desenvolvendo un equipo interdisciplinar ó abeiro do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.
O obxectivo do proxecto é dar conta dalgúns dos aspectos menos estudiados da fasquía identitaria da comunidade galega. Con este libro preténdese dar conta do papel que
La Voz de Galicia tivo no proceso de xénese da identidade colectiva de Galicia nos anos que constitúen o seu estudio (1977-1996).